Tuesday 30 de April de 2024

Un paseo cheo de sensacións para os bebés de Ordes


Os bebés e os máis cativos e cativas de Ordes tiveron o seu día dentro do programa estival Unha viaxe pola cultura. A alfombra máxica, título da actividade desenvolvida na tarde de onte, deulles a cada unha e un deles un paseo por un espazo interactivo cheo de estímulos e sensación. Non estiveron sos neste percorrido xa que moitos papás e moitas mamás tamén participaron desta cita organizada polo Concello de Ordes.